Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1068/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1068/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Calvo de la Torre contra Raquel Armesto Rodríguez sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 671/2017.

A Coruña, 14 de decembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 1068/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Isabel Calvo de la Torre, asistida do letrado Manuel Cambón Angeriz, contra Raquel Armesto Rodríguez, que non comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión.

Que debo estimar e admito a demanda presentada por Isabel Calvo de la Torre e condeno a Raquel Armesto Rodríguez a aboar á demandante a cantidade de 3.806,33 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Raquel Armesto Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 21 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza