Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34958

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1080/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1080/2015 por instancia de José Francisco Suárez Seoane contra Revesgrán, S.L., La Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, La Tesorería General de la Seguridad Social, el Instituto Nacional da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial sobre Seguridade Social, nos que recaeu auto de aclaración de sentenza en data 19.6.2018 que copiada nos particulares necesarios di así:

Parte dispositiva:

Por S.Sª acórdase: ten lugar a aclaración solicitada, e en consecuencia a decisión da sentenza quedará do teor literal seguinte:

Decido:

Que se estima a demanda interposta por José Francisco Suárez Seoane fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e, en consecuencia:

Declárase que José Francisco Suárez Seoane, con causa en accidente de traballo, se encontra afecto de invalidez permanente total, para a súa profesión habitual, condenando a mutua ao aboamento da correspondente prestación que ascende a un 55 % da base reguladora de 976,62 euros, con efectos desde o 31.7.2015, con responsabilidade subsidiaria das entidades xestoras en caso de insolvencia daquela.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Revesgrán, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza