Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (47/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 47/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Orlando Iglesias Barcala contra Nueva Línea Iglesias, S.L. y Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L. sobre despedimento, se ditou decreto impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza