Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34956

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (142/2017).

Eu, Damián Vega de las Heras, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos que se ditou a seguinte:

Sentenza número 43/2018.

En Verín, catorce de xuño de dous mil dezaoito.

Vistos por Raquel Arias Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín e o seu partido, os presentes autos de divorcio contencioso seguidos ante este xulgado baixo o número 142/2017 por instancia de Sandra Patricia García Saldarriaga, representada pola procuradora dos tribunais Lucía Taboada González e coa asistencia letrada de Mónica Rodríguez Pérez, contra Fernando Colorado Colorado.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Admítese a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Lucía Taboada González, en nome e representación de Sandra Patricia García Saldarriaga, contra Fernando Colorado Colorado e na súa virtude debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído entre Sandra Patricia García Saldarriaga e Fernando Colorado Colorado, en data do 26 de setembro de 2015, con todos os efectos legais que esta declaración leva consigo.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Asine esta resolución, expídase exhorto o encargado do Rexistro Civil, no que consta a inscrición do matrimonio cuxa disolución se acorda.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágalles saber que esta é firme, e non cabe interpoñer recurso ningún fronte a ela.

Así, por esta miña sentenza, da que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Fernando Colorado Colorado, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Verín, 22 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza