Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 61/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Marcelo Cachafeiro Silveiro contra Turmens Logística urxente se acordou notificar parte dispositiva do auto e dilixencia de ordenación de data 11 de xuño de 2018 ditado no procedemento ETX 61/2018 a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro:

«(Auto do 11.6.2018).

Parte dispositiva.

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Marcelo Cachafeiro Silveiro e Turmens Logística Urgente S.L., e condeno a Turmens Logística Urgente S.L., a aboarlle a cantidade de 6.261,75 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a data da presente resolución, así como a cantidade de 16.075,62 euros, en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

«(Dilixencia de ordenación do 11.6.2018).

Vistas as dilixencias que anteceden e descoñecéndose polo momento a existencia de bens abondo titularidade deste, acordo:

Practicar os trámites de indagación de bens, conforme as normas sinaladas no artigo 248 da LPL e para tal fin, expedir os oficios e mandamentos.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificacion a Turmens Logística Urgente, S.L. en ignorado paradoiro expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza