Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 63/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fernando Oribe Devicenzi contra Quatro Print, S.L. se acordou notificar parte dispositiva do auto de data 8.6.2018 ditado no procedemento ETX 63/2018 a Quatro Print, S.L., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva:

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Fernando Oribe Devicenzi con Quatro Print, S.L. e condeno a executada a aboarlle a Fernando Oribe Devicenzi a cantidade de 6.295,36 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 17.030,16 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, resultando un total de 23.325,52 euros, en concepto de principal, máis 2.332,55 euros que provisionalmente se orzamentan en concepto de xuros, gastos e custas.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación a Quatro Print, S.L. en ignorado paradoiro expídese a presente cédula para a súa publicación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza