Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 224/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Javier Rodríguez Alonso contra Lege 2013 Consultores, S.L.U. e Nagore Caro Fernández, se acordou notificar a parte dispositiva do Auto do 29 de xaneiro de 2018, ditado no procedemento ETX 224/2017 a Lege 2013 Consultores, S.L.U., en ignorado paradoiro.

Parte dispositiva:

Declaro extinguida, con data desta resolución, a relación laboral que unía a Javier Rodríguez Alonso e a Lege 2013 Consultores, S.L.U. e Nagore Caro Fernández (administradora concursal), e condeno a executada a aboarlle a Javier Rodríguez Alonso a cantidade de 10.125,97 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 7.881,56 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, do cal resulta un total de 18.007,56 euros, en concepto de principal, máis 1.800,75 euros que provisionalmente se orzan en concepto de xuros, gastos e custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, suspéndase esta execución e procédase ao seu arquivamento provisional, sen prexuízo do dereito que asista a parte executante para solicitar medidas de execución perante o xuíz do concurso.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación a Lege 2013 Consultores, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza