Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente LU-2/18).

O día 8 de xuño de 2018, a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Lugo ditou unha resolución de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente LU-2/18).

Non foi posible notificar persoalmente a dita resolución á persoa interesada, cuxos datos figuran no anexo a este anuncio. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), realízase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

O texto íntegro do acto que se notifica, así como o resto do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 26 de xuño de 2018

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: resolución de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Número de expediente: LU-2/18.

Persoa interesada: María Luz Sánchez García.

Acto que se notifica: resolución de exclusión.