Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 683/2015).

PO. Procedemento ordinario 683/2015

Procedemento de orixe:

Sobre ordinario:

Demandante: Fernando Juan López Cordido

Demandados: V-2 Complementos Auxiliares, S.A., Entidad Patrimonial, S.L. e Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 683/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fernando Juan López Cordido contra a empresa V2 Complementos Auxiliares, S.A., Entidad Patrimonial, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que estimando integramente a demanda interposta por Fernando López Cordido contra Entidad Patrimonial 38, S.L. e contra V-2 Complementos Auxiliares, S.A. (actualmente Ilunion Outsourcing, S.A.), efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Entidad Patrimonial 38, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 1.619,17 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado quinto desta sentenza, máis os intereses por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Ley de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

2. Debo absolver e absolvo a V-2 Complementos Auxiliares, S.A. (actualmente Ilunion Outsourcing, S.A.) das peticións deducidas na súa contra.

3. No que afecta a responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia; deberase observar o que resulte do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíquese ás partes a presente resolución e fagáselles saber que contra elas non cabe recurso.

A anterior resolución entregaraselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Entidad Patrimonial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza