Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (DSP 26/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 26/2018, seguido por instancia de Mónica Juviño Prego contra Lema Distribuciones, S.C., sobre despedimento, se ditou auto de aclaración da Sentenza número 35/2018, do 11 de maio, polo que se determina a cantidade recoñecida en concepto de salarios debidos e vacacións non desfrutadas. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado. Contra o dito auto non cabe interpor ningún recurso.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Lema Distribuciones, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza