Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34816

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 210/2017).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 183/2017

Xuízo ordinario nº 210/2017

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: Banco Cetelem, S.A.

Avogado: Sr. Primo Álvarez

Procurador: Sr. Belmonte Pose

Demandados: Estrella García García e Manuel Fernando García Duro

Obxecto: reclamación de cantidade

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017.

Resolución.

Estimo parcialmente a demanda presentada por Banco Cetelem, S.A. contra Estrella García García e Manuel Fernando García Duro e, en consecuencia, condeno os demandados a aboar á demandante a suma de 13.314,78 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de interposición da demanda, e con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. Todo isto sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, leu e publicou a anterior sentenza a xuíza que a ditou. Dou fe.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Estrella García García e Manuel Fernando García Duro, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

María del Carmen Vázquez Rodríguez
Letrada da Administración de xustiza