Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34814

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 742/2018).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 742/2018 desta sección, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Condado de Zeus S.L., Ozete Ribeiro Pereiro, María Flor Alonso Barroso, Avelina Encarnación Batista, Mary Imade, e Rosimar Dos Santos Oliveira sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola procuradora dos tribunais Lucía Saco Rodríguez, na representación que ten acreditada da empresa Condado de Zeus S.L., coa asistencia do letrado Francisco Javier Iglesias Calvo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ourense, en data trece de outubro de dous mil dezasete, en autos seguidos por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social fronte á empresa recorrente, Ozete Ribeiro Pereiro, María Flor Alonso Barroso, Avelina Encarnación Batista, Mary Imade e Rosimar Dos Santos Oliveira, sobre procedemento de oficio-existencia de relación laboral, debemos confirmar e confirmamos a resolución recorrida, impoñendo á demandada recorrente as custas do recurso.

Procede ordenar a perda do depósito necesario para recorrer e das cantidades consignadas para os devanditos efectos, aos que se dará destino legal unha vez sexa firme esta sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Ozete Ribeiro Pereiro e María Flor Alonso Barroso, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xuño de 2018

A secretaria xudicial