Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34812

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4953/2017-RX).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4953/2017 desta sección, seguido por instancia de Francisco Pardo Alvite contra Fogasa, Electrónica Radar, S.L., sobre Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 19 de xuño de 2018.

O anterior escrito subscrito pola letrada María José Domínguez Rivas, en nome e representación de Francisco Pardo Alvite, únase ao recurso da súa razón e tense por achegado testemuño da sentenza alegada como de contraste do TSX de Valencia. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 da Coruña que a resolución desta sala ten sido recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electrónica Radar, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza