Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34808

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1078/2018).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1078/2018 desta sección, seguido por instancia de Gloria Carrillo Jiménez contra EOC Galicia, S.A., Assignia Infraestructuras, S.A., administración concursal Assignia Infraestructuras (Miguel Ángel Clemente Mármol), Acentia Instalaciones y Sistemas S.A., Acister de Servicios, S.A., Alvartis Asistencia Técnica, S.A., Assignia Industrial, S.A., EOC de Obras y Servicios, S.A., Azarbe Obras y Servicios, S.A., Illenca Empresa Constructora D’Obres y Serveis, S.A., Atismer Suministros, S.A., Hifer Construcción Conservación y Servicios, S.A., Construta Solal-Andalus, S.L., Assignia Concesiones, S.L., EOC General de Ingeniería, S.L., Contrumed Plus, S.A., Promociones Inmobiliarias Acaelum, S.A., Promociones Old Town, S.L., Acentia Activos Inmobiliarios, S.L., Hispanergy Puertollano, S.L., Comercializadora de Semilla y Aceite S.L., Castilla de Construcciones ABS, S.A., Suco Infraestructuras y Servicios, S.A., Hispaenergy Servicios Energéticos, S.L., Hispasoleo Energías Renovables, S.A., UTE EOC de Obras y Servicios, S.A., UTE Edar Bolonia sobre reclamación cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Gloria Carillo Jiménez contra a sentenza de data 30.6.2017 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense no procedemento nº 187-2017 sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

E para que sirva de forma notificación en legal a EOC Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza