Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34806

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 4 de agosto de 2017 (BOE do 31 de agosto), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2352/17

Mª Jesús

Aira Rodríguez

34249066L

Catedrática de universidade

Botánica

Botánica

Santiago de Compostela

A00556