Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34318

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (876/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 876/2017 por instancia de Manuel Ángel Díaz Portillo contra a empresa Raquel Armesto Rodríguez, sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 11 de xuño de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Manuel Ángel Díaz Portillo contra a empresa Raquel Armesto Rodríguez, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Raquel Armesto Rodríguez, ao demandante, Manuel Ángel Díaz Portillo.

– Condénase a empresa Raquel Armesto Rodríguez a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 759,41 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 39,45 euros diarios.

– Condénase a empresa Raquel Armesto Rodríguez a aboarlle ao traballador Manuel Ángel Díaz Portillo a cantidade de mil setecentos seis euros con corenta e catro céntimos de euro (1.706,44 euros); os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 % previsto no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Raquel Armesto Rodríguez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza