Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34320

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (939/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 939/2017 por instancia de Rosa María Tejedor Cortés contra a empresa Limpintegra XXI, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 11 de xuño de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Rosa María Tejedor Cortés contra a empresa Limpintegra XXI, S.L., o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Limpintegra XXI, S.L., á traballadora.

– Condénase a empresa Limpintegra XXI, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización de 1.361,66 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 33,01 euros diarios, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Limpintegra XXI, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza