Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34322

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (114/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 114/2016 por instancia de Miriam Novo García contra a empresa It Kan Global Services, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 11 de xuño de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Miriam Novo García contra a empresa It Kan Global Services, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa It Kan Global Services, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de mil douscentos catorce euros con trinta e sete céntimos de euro (1.214,37 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa It Kan Global Services, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza