Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (771/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 771/2017 deste xulgado do social, seguido a instancia de Ariete Teresinha Maia Nunes contra Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Aparcamiento Labacolla, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo admitir e admito a demanda presentada por instancia de Ariete Teresinha Maia Nunes; contra Aparcamiento Labacolla, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, debo:

– Declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 12 de setembro de 2017, e debo condenar e condeno a Aparcamiento Labacolla, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 44,01 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización de 11.530,62 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

– Debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.635,11 euros brutos polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado oitavo desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

– Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamientos Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza