Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34136

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2018 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 8 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/18.

Mediante a Orde do 8 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/18, e se aprobaron as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. As persoas interesadas poderán formular, durante un prazo de dez (10) días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Rematado este prazo, de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlle axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo desta orde e pola contía que se especifica.

As axudas serán aboadas na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez acreditado mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura no anexo I da Orde do 8 de marzo, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2

O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 8 de marzo de 2018 (DOG do 23 de marzo), constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro por parte das persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Proposta de concesións

Apelidos

Nome

Centro

Contía adxudicada

Alonso Pereira

Adrián

CMUS de Vigo

1.456,70 €

Álvarez Llenderrozas

Maite

EASD Ramón Falcón

485,60 €

Álvarez Suárez

Xoel

ESAD Galicia

485,62 €

Bandín Rodríguez

Inés

CMUS da Coruña

765,10 €

Collazo Gómez

Marta

EASD Mestre Mateo

809,30 €

Curros Varela

Almudena

CMUS da Coruña

1.103,50 €

Dávila Grande

Iván

EASD Galicia

647,40 €

Fandiño Domínguez

Elisabet

EASD Mestre Mateo

1.147,70 €

Fernández Fernández

Diego

CMUS de Vigo

1.456,70 €

Fraga González

Nicolás

CMUS da Coruña

613,10 €

Fuentes Núñez

Alicia

CMUS da Coruña

1.721,60 €

García Rubio

Jorge

CMUS da Coruña

1.456,72 €

García Yáñez

Míriam

EASD Ramón Falcón

485,62 €

García-Piccoli González

Elisa

EASD Pablo Picasso

809,30 €

Garrido Fernández

Mª Salomé

CMUS de Vigo

980,90 €

Gil Vaseluk

Lorena

EASD Mestre Mateo

956,40 €

González Díaz

Julián

CMUS da Coruña

980,90 €

Lorenzo Fontela

Ana

ESAD Galicia

971,10 €

Mata Pose

Diego

CMUS da Coruña

809,30 €

Matos Gato

Iria

EASD Mestre Mateo

809,30 €

Míguez Bonilla

Sofía

EASD Pablo Picasso

765,10 €

Naval Chaves

Xiana

CMUS da Coruña

647,40 €

Nieto Cores

Nicolás

EASD Mestre Mateo

1.721,62 €

Pérez Fernández

Héctor

CMUS da Coruña

809,30 €

Pérez Mariño

María

CMUS de Vigo

1.530,20 €

Portela Tilve

Inés

CMUS da Coruña

1.103,50 €

Rodríguez-Losada Suárez-Pumariega

Eduardo

EASD Pablo Picasso

647,40 €

Sanmartín Nieto

Daniel

CMUS de Vigo

1.530,20 €

Santos Acuña

Alicia

EASD Pablo Picasso

956,44 €

San Marcial Comesaña

Iria

CMUS de Vigo

1.103,50 €

Simón Dávila

Ana

EASD Mestre Mateo

956,44 €

Trashorras López

Antía

EASD Ramón Falcón

485,62 €

Valdés Díez

Dinorah María

CMUS da Coruña

1.721,62 €

Vázquez Martínez

Nadia

CMUS de Vigo

1.456,70 €

Vidal Pazos

Alba

EASD Mestre Mateo

613,10 €

Total

35.000 €