Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 960/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 960/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Martínez Rivero contra Aberman Empresa Constructora, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Martínez Rivero contra Aberman Empresa Constructora, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 2.726,70 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais (que comportan 834,47 euros), desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización (que comporta 1.392,23 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Aberman Empresa Constructora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza