Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 19/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 19/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Lueiro Barbazán contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., e tendo sido citado o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 8 de xuño de 2018 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1, visto este procedemento ordinario 19/2016 por instancia de Fernando Lueiro Barbazán, representado e asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra Compañía de Protección y Vigilancia Galicia, S.A., que non compareceu ao acto de xuízo oral, tendo sido citado o Fondo de Garantía Salarial, que non comaparecen ao xuízo oral, en nome do rei pronunciou o seguinte:

“Estímase parcialmente a demanda interposta pola parte demandante contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e condénase a demandada ao aboamento de 2.229,31 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa indicación de que contra esta resolución non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza