Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (2/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 2/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Fontes Porto contra Toner 10, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Sara Madroño Fernández sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Guadalupe Fuentes Porto, contra a entidade Toner 10, S.L., contra Sara Madroño Fernández e Fogasa, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, debo condenar e condeno as demandadas Toner 10, S.L., e Sara Madroño Fernández ao aboamento á demandante da cantidade de 7.974,23 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución. Ademais da cantidade de 200 euros en conceptos de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese as partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596 clave 65, debendo indicar no campo concepto recurso seguido do código 34 social suplicación, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Toner 10, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza