Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 390/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 390/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Álvarez Moreira contra Saraitsa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Carlos Álvarez Moreira contra a entidade Saraitsa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Saraitsa, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.524,99 euros líquidos por salarios devindicados entre abril e agosto de 2016, ambos incluídos, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas deste procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274; deberá sinalar en concepto os seguintes díxitos 4757000065 e o número de expediente con seis (6) díxitos (catro (4) para o número e dous (2) para o ano), e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta número 4757000065 e o número de expediente con seis (6) díxitos (catro (4) para o número e dous (2) para o ano), acreditado mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Saraitsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza