Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33213

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 450/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 450/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Santos Rey contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Strass Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., administración concursal Deus Creaciones e Confecciones Deus, administración concursal Confecciones Fraga, Confecciones Ideal administración concursal, administrador concursal Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolución

Tense por desistida da demanda que, en materia de despedimento, interpuxo Rosa María Santos Rey fronte á entidade Strass Textil, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por Rosa María Santos Rey contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto en data do 20 de marzo de 2017, pola súa empregadora Confeccións Deus, S.L. e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Rosa María Santos Rey coa entidade Confecciones Deus, S.L., na citada data, e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. y Nuevo Siglo Textiles, S.L., ao aboamento dunha indemnización a razón de 17.473,82 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por Rosa María Santos Rey fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como la administración concursal de Confección Ideal, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, ás cales debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274 debendo sinalar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), e acreditar mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

E para que sirva de notificación en legal forma a Puntada Elaborada, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza