Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33039

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (310/2017).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

F04 peza de medidas provisionais coetáneas 310/2017 0001

Procedemento de orixe: modificación de medidas suposto contencioso 310/2017

Sobre outras materias

Cédula de notificación.

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Estrada, dou fe de que no procedemento de modificación de medidas 310/2017, na peza separada de medidas coetáneas do mesmo número, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Debo desestimar e desestimo parcialmente a petición de medidas coetáneas á demanda de divorcio de mutuo acordo, seguido ante este xulgado co número 48/2016, presentada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, en nome e representación de Mª Concepción Fernández Pereira, fronte a Juan Gabriel Díaz Servín, declarado en situación de rebeldía procesual. Mentres non sexan substituídas, mantidas ou rexeitadas polas que estableza definitivamente a sentenza que se dite no proceso principal, rexerán as establecidas na Sentenza do 4 de maio de 2016.

Non procede facer especial imposición das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 773.3, inciso final, da LAC, non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e do seu partido. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Gabriel Díaz Servín, expídese este edicto para lle que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 20 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza