Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (726/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 726/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Acisgal Obras y Servicios, S.L., sobre ordinario, se ditou Resolución con data do 8 de xuño de 2018. Faise saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Acisgal Obras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza