Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de xuño de 2018 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais coa clave DH.D36.56645.

Con data do 11 de maio de 2018, ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Miguel Alberto Alcobre Frade (termo municipal de Silleda) pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da dita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia