Con data do 4 de xuño de 2018, ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Josefa Lago Bellón (termo municipal de Brión).
Intentada a notificación dos ditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado e fáiselle saber que unha copia del está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito requirimento, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia