De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (en diante, LPAC), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Leonardo Prego Prieto a Resolución do 21 de maio de 2018 ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.58156.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da LPAC, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia