O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo.
I. Contrato de obras: vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52-N-525, clave OU/15/107.01 (expediente E/060/2017).
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.
c) Número de expediente: OU/15/107.01 (E/060/2017).
2. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 239850.
3. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de obras.
b) Descrición: vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52-N-525.
c) CPV: 45233000-9.
d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (29.12.2017); Boletín Oficial del Estado (3.1.2018); Diario Oficial de Galicia (5.1.2018).
4. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.
5. Valor estimado do contrato: 17.380.831,73 €.
6. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 17.380.831,73 €. Importe total: 21.030.806,39 €. Cofinanciado pola Unión Europea nun 80 %, a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.04, obxectivo específico 03.04.03.
7. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 15.5.2018.
b) Data de formalización do contrato: 20.6.2018.
c) Adxudicataria: Sociedad Anónima de Obras y Servicios, Copasa.
d) Importe ou canon de adxudicación:
Importe neto: 13.079.100,00 €. Importe total: 15.825.711,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas