O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo.
I. Contrato de obras: itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito A Barcia-Roxos, p.q. 1+800-4+150, clave AC/16/089.06 (expediente E/002/2018).
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.
c) Número de expediente: AC/16/089.06 (E/002/2018).
2. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 254995.
3. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de obras.
b) Descrición: itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito A Barcia-Roxos, p.q. 1+800-4+150.
c) CPV: 45233000-9.
d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (28.2.2018).
4. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.
5. Valor estimado do contrato: 933.835,63 €.
6. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 933.835,63 €. Importe total: 1.129.941,11 €. Cofinanciado pola Unión Europea: programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nun 80 %, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.
7. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 23.5.2018.
b) Data de formalización do contrato: 13.6.2018.
c) Adxudicataria: Construcciones Ponciano Nieto, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación:
Importe neto: 717.932,83 €. Importe total: 868.698,72 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas