Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Dozón, do concello de Dozón.

Unha vez recibido informe favorable sobre a proposta de deslindamento con propiedades particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Dozón, concello de Dozón, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte o taboleiro de anuncios do Concello de Dozón, na rúa Médico Fernando Iglesias, s/n, 36518 (Dozón).

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros, que desexen comparecer, presentaren alegacións e os títulos que acrediten a propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 26 de xuño de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra