Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2018, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación das bases da reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo-A Coruña) que, con data do 15 de xuño de 2018, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que se cita a seguir:

«Recibido informe favorable do comité técnico asesor sobre a documentación integrante das bases da reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo-A Coruña), e á vista do informe do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias, oída a Xunta Local da zona, ao abeiro do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, por este acto apróbanse as bases de reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo-A Coruña).

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do plazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal o da publicación substitutiva. Os recursos poderanse presentar na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 26 de xuño de 2018

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias