Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Currás, do concello de Tomiño.

Unha vez recibido informe favorable sobre a proposta de deslindamento cos predios pertencentes a María del Pilar Diz Fernández, Isabel Visitación Javier Terrón, Blanca Roura Javier, Manuel Vázquez Domínguez e Daniel Castiñeira Pérez, presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Currás, concello de Tomiño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar, para a exposición do plano e demais documentación do monte, a Casa Social da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Currás, lugar de Tapel-Currás, 12, 36791 Tomiño.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros, que desexen comparecer, presenten alegacións e os títulos que acrediten a propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 27 de xuño de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra