Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32214

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (PO 421/2012).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, por este edicto fago saber que no procedemento de xuízo ordinario 421/2012, seguido por instancia de Eduardo Manuel Leardy Otero contra a herdanza xacente ou os posibles herdeiros descoñecidos e incertos do demandado, Antonio Martínez Pérez, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza:

Xuíz: Pablo Muñoz Vázquez

Data: 19 de maio de 2014

Lugar: Viveiro

Procedemento: xuízo ordinario 421/2012

Demandante: Eduardo Manuel Leardy Otero

Procurador: Pablo Díaz Lamparte

Avogado: Manuel González López

Demandada: herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Pablo Díaz Lamparte, en nome e representación de Eduardo Manuel Leardy Otero e, por conseguinte, debo condenar e condeno a herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez a pagarlle a Eduardo Manuel Leardy Otero a suma de 45.000 euros máis o xuro legal do diñeiro que a dita suma devindique desde a reclamación xudicial, é dicir, desde o 1 de outubro de 2012, ata a data desta resolución, e desde esta os xuros legais do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Impóñenselle as custas procesuais á herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

Acordouse notificarlles a sentenza ao administrador legal ou de feito da herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez, así como aos seus herdeiros descoñecidos e incertos, en paradoiro descoñecido, mediante edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, polo que se expide este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Viveiro, 10 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza