Procedemento ordinario 314/2017
Procedemento de orixe: sobre outras materias
Demandante: Mercedes Castro Lago
Procuradora: Ana Belén García Quintáns
Avogado: Francisco Serafín Blanco Mariño
Demandados: José Lago Rey, Modesto Lago Rey, Arturo Lago Rey
Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou a Sentenza do 13 de xuño de 2018 nos autos de xuízo ordinario 314/2017, promovidos por Mercedes Castro Lago, representada pola procuradora dos tribunais, Ana Belén García Quintáns, e asistida polo letrado, Francisco Serafín Blanco Mariño, contra José Lago Rey, Modesto Lago Rey e Arturo Lago Rey, en situación procesual de rebeldía.
Contra a dita resolución cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, con cita da resolución apelada e manifestación da vontade de interpor recurso, con expresión dos pronunciamentos que se impugnan. De conformidade coa disposición adicional quinta da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX), modificada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, cómpre que, con carácter previo á admisión do recurso, se consigne na conta de consignacións e depósitos do xulgado a cantidade de 50 euros en concepto de depósito para interpor recurso.
De conformidade co disposto no artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil (LAC), por este edicto notifícalles a José Lago Rey, Modesto Lago Rey e Arturo Lago Rey, en paradoiro descoñecido, e aos cales, así mesmo, se lles fai saber que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.
Padrón, 13 de xuño de 2018
A letrada da Administración de xustiza