María del Pilar Pazos González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, fai saber que no presente procedemento de xuízo ordinario núm. 105/2013, seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representado polo procurador Sr. Nistal Riádigos e asistido polo letrado Sr. Sanjiao García, contra Jalal Hassan Cheiaitani, con domicilio na rúa Emilio Alonso, nº 9, 5º A de Silleda (Pontevedra), declarado en situación procesual de rebeldía, se ditou sentenza do 16 de maio de 2014, cuxo teor literal é o seguinte:
«Resolvo:
Que estimando integramente a demanda formulada pola representación procesual de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. contra Jalal Hassan Cheiaitani, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de vinte e nove mil setecentos vinte e nove euros e sesenta e sete céntimos (29.729,67 euros), que devindicará o xuro legal incrementado en dous puntos, desde a data da presente resolución ata o seu completo pagamento.
Impónselle á parte demandada o pagamento das custas causadas no presente procedemento.
Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación, e se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E ao estar o dito demandado, Jalal Hassan Cheiaitani, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Lalín, 19 de maio de 2014
A letrada da Administración de xustiza