Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32211

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2018, do nomeamento de funcionario interino do corpo auxiliar para a provisión do posto de uxier (AP89-RPT).

No uso das facultades que me confiren o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia e o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Nomear a Elías Ledo Vázquez, con DNI número 45.847.613 B, funcionario interino do corpo auxiliar do Parlamento de Galicia para a cobertura temporal do posto AP89 da RPT da Administración do Parlamento de Galicia ata a incorporación ou xubilación do seu titular (funcionario en servizos especiais) ou, de ser o caso, amortización.

Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante a Presidencia do Parlamento de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 20.1 do Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia (DOG núm. 87, do 7 de maio de 2018), ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia