Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (75/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 75/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Pifarre Marcos contra Revisiones de Gas Revisol, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, que expresa:

«Estímase a demanda interposta pola parte demandante fronte a Revisiones de Gas Revisol, S.L., e condénase a demandada ao aboamento de 2.526,19 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes, coa indicación de que contra ela non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Revisiones de Gas Revisol, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza