Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2018, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento sancionador por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG), porque, tentadas as notificacións, non se puideron practicar (expediente S-L-02.17).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditou na data do 16.3.2018 resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único citado. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Advírtese que, de acordo co contido da dita resolución, que impón sanción de multa á persoa interesada, se poderá interpoñer recurso de alzada contra ela no prazo dun mes que se contará a partir da data en que a notificación se entenda producida.

No caso de que non se interpoña recurso, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectivo o importe da sanción no período voluntario dentro do prazo que indica a carta de pagamento que se xunta á resolución. De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO

Expediente: S-L-02.17, información previa VI-LC-054.15. Lugo.

Feito imputado: plantación de eucaliptos sen autorización e sen gardar a distancia mínima exixible no Camiño de Santiago Primitivo ou de Ovedo (Baleira).

Afectada: María Dolores Manso Díez.

Último domicilio coñecido da persona interesada: A Coruña.

Acto notificado: Resolución do 16 de marzo de 2018 que impón sanción de multa e obriga de reposición.

Prazo para interpoñer recurso: un mes.