Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2018016AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 1 de xuño de 2018, a instrutora do procedemento formulou a proposta de resolución do expediente sancionador 2018016AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam).

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam) o contido da citada proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 89.2 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, comunícaselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 7 de xuño de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2018016AL-LU.

Interesado: Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam).

NIE: X8218433G.

Último enderezo coñecido: posto nº 10 da praza de abastos de Lugo; rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Puntos 1 e 4 do capítulo I e punto 1.a) do capítulo V do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigo 18.4 do Regulamento (CE) nº 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro).

Tipificación: dúas infraccións graves, tipificadas no artigo 51.2, parágrafos 3º e 12º, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: dez mil dous euros (10.002 €), a razón de cinco mil un euros (5.001 €) por cada unha das infraccións.