Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (PO 198/2016).

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, por medio deste edicto,

Anuncio

No presente procedemento, xuízo ordinario número 198/2016-C-, seguido por instancia de Julio Campos Santos fronte a Israel Sanjurjo Places se ditou sentenza, do 5 de xullo de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Estímase a demanda interposta por Julio Campos Santos contra Israel Sanjurjo Places, e condénase o demandado a aboarlle ao demandante a cantidade de 12.254,80 euros, máis o xuro legal que se computará desde o día 16 de setembro de 2016, así como ao pagamento das custas procesuais.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos cales se recorre, perante a Audiencia Provincial de Pontevedra. De acordo coa disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial, as partes, para poder presentar recurso, terán que consignar a cantidade de 50 euros na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander. Están exentos desta obriga os titulares do dereito á xustiza gratuíta.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Ao se encontrar o dito demandado, Israel Sanjurjo Places, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 17 de xullo de 2017

O letrado da Administración de xustiza