Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (130/2016).

Neste órgano xudicial tramítase o xuízo verbal 130/2016 seguido por instancia de Andeona Solucións, S.L. contra Manuel García Caramés no cal, mediante a Resolución do 5 de outubro, se acordou notificarlle ao rebelde o extracto da sentenza que a continuación se copia:

«Sentenza:

Pontevedra, 8 de novembro de 2016.

Vistos por Manuel Marquina Álvarez, maxistrado titular do Xulgado do Mercantil número 1 dos desta cidade, estes autos de xuízo verbal 130/2016, seguidos por iniciativa de Andeona Solucións, S.L. (Andeona), representada polo procurador Sr. Gómez Feijoo e asistida polo letrado Sr. González Cuenca, contra Manuel García Caramés, rebelde.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Andeona Solucións, S.L., contra Manuel García Caramés e condénase o demandado a aboarlle á demandante a cantidade de 1.363,26 euros máis o xuro legal que se computará desde o día 14 de xuño de 2016, así como ao pagamento das custas procesuais, que en todo caso incluirán os honorarios de letrado e procurador da demandante (coas limitacións do artigo 394.3 da Lei de axuizamento civil).

Esta sentenza é firme e contra ela non cabe recurso, por razón da contía do proceso, inferior a 3.000 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así a pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida polo xuíz que a ditou no día da data, que estaba celebrando audiencia pública. Dou fe.

Dilixencia. A anterior sentenza quedou depositada na secretaría do meu cargo unha vez lida e publicada. Dou fe.

Pontevedra, 8 de novembro de 2016».

Para que lle sirva de notificación ao rebelde, Manuel García Caramés, expidoa eu, a letrada da Administración de xustiza.