Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30932

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (462/2012).

Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, por medio do presente edicto, fago saber que no presente procedemento ordinario 462/2012 seguido por instancia de Banco de Santander, S.A., ocupando posteriormente o seu lugar a entidade Aiqon Capital (LUX) S.A.R.L., fronte a María José Díaz Rodríguez, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Sentenza:

Xuíz: Pablo Muñoz Vázquez.

Data: 10 de xullo de 2013.

Lugar: Viveiro.

Procedemento: xuízo ordinario nº 462/2012.

Demandante: Banco Santander, S.A.

Procurador: Beatriz Piñón López.

Avogado: Joaquín Gayoso Roca.

Demandada: María José Díaz Rodríguez.

Decido:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Beatriz Piñón López, en nome e representación de Banco Santander, S.A., e por conseguinte debo condenar e condeno a María José Díaz Rodríguez a pagar a Banco Santander, S.A. a suma de 23.203,47 euros.

Cada parte aboará as súas custas e as comúns pola metade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

Ao se encontrar a dita demandada, María José Díaz Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Viveiro, 14 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza