Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30934

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (382/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 382/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Cobas Piñeiro contra Construcciones Dobalpo, S.L., e Estructuras Dabalpo, S.L.U., e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Visto o estado das presentes actuacións, sinálase novamente para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, o próximo día 27 de setembro de 2018, ás 10.55 e 11.00 horas, respectivamente.

Cítese os demandados por edictos publicados no boletín oficial correspondente e cítese o Fogasa librándose para tal fin os despachos oportunos, cos apercibimentos contidos na primeira cédula.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñe ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Dabalpo, S.L., e Estructuras Dabalpo, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza