Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 19 de abril de 2018, ditada pola secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural, da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentada a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo sen que fose posible, notifícaselles por medio desta anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 19 de xuño de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

1. Propietario: 230.

Destinatario: Isaac Nóvoa Arias.

Acto notificado: Resolución do 19 de abril de 2018 ditada pola secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

2. Propietario: 230.

Destinataria: Sagrario Nóvoa Arroyo.

Acto notificado: Resolución do 19 de abril de 2018 ditada pola secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

3. Propietario: 230.

Destinataria: Carmen Nóvoa Arroyo.

Acto notificado: Resolución do 19 de abril de 2018 ditada pola secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).