Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de suspensión do expediente sancionador en materia marítimo-pesqueira PSC-PO-0717/2017-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de suspensión do expediente sancionador en materia marítimo pesqueira PSC-PO-0717/2017-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación, para presentar un recurso de alzada ante a conselleira do Mar.

O expediente relacionado no anexo atópase á disposión da persoa interesada na oficina da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 12 de xuño de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0717/2017-PPM

Borja Sánchez Ansedes

79346115W

Acordo de suspensión

Estrada do Peirao, 2, Fene