Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convoca a asemblea para a constitución da xunta xestora do monte de varas A Guieira, do concello de Muíños.

De conformidade co establecido no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócase para o día 11 de agosto de 2018, ás 15.30 horas en primeira convocatoria, e ás 16.30 horas en segunda convocatoria, á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte de varas A Guieira (Muíños), que terá lugar no Forno de Pazó, do concello de Muíños, e de acordo coa seguinte orde do día:

1. Acordo de constitución da xunta xestora e aprobación de estatutos.

2. Elección dos membros integrantes da xunta xestora.

3. Solicitude de modificación catastral.

4. Rogos e preguntas.

A información relativa á dita asemblea estará dispoñible, para consulta, no lugar de Pazó, nº 4.

Presentación de candidaturas para a constitución da xunta xestora:

• Prazo: ata as 23 horas e 59 minutos do día 9 de agosto de 2018.

• Lugar de presentación: lugar de Pazó, nº 4.

De conformidade co establecido no artigo 45.5 da citada Lei 7/2012, a xunta xestora estará composta por un número impar de persoas, todas elas coa condición de propietarios, cun mínimo de tres e un máximo de sete.

Ourense, 13 de xuño de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense