Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de convenio urbanístico de execución do planeamento.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Brión, en sesión do 9 de maio de 2018, adoptou o seguinte acordo, á vista dos antecedentes existentes no expediente e do disposto no artigo 168.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 403 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

1º. Aprobar o texto definitivo do convenio que ten o seguinte contido:

Convenio urbanístico de execución do planeamento.

Na casa do concello de Brión, o 1 de marzo de 2018.

Comparecen:

Dunha parte José Luis García García, alcalde do Concello de Brión.

De outra parte Pilar Encarnación Branco Illodo, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela, parque empresarial Costa Vella, rúa de Amio, nº 114; e nº DNI 33283639-V.

Interveñen:

O primeiro, en nome e representación do Concello de Brión.

A segunda, en nome e representación da sociedade denominada Mahia Inmobiliaria, Sociedad Limitada, constituída inicialmente coa denominación de Mahia Ames, Sociedad Limitada, con CIF B-15525983 e domiciliada en Santiago de Compostela, parque empresarial Costa Vella, rúa de Amio, 114; constituída por tempo indefinido en escritura outorgada o 31 de agosto de 1995, ante o notario de Santiago, Domingo Enrique Gutiérrez Aller, número 1188 de protocolo; inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, no tomo 1690 do Arquivo, Sección Xeral, folio 64, folla n C-14.723. En escritura autorizada polo notario de Negreira, Manuel-María Romeu Neira, o 9 de marzo de 2001, número 300 de protocolo, a entidad Mahia Inmobiliaria, Sociedad Limitada, cedeu globalmente o seu activo e pasivo á sociedade Mahia Ames, Sociedad Limitada, e disolveuse, adoptando Mahia Ames, Sociedad Limitada a denominación de Mahia Inmobiliaria, Sociedad Limitada; e cambiado o seu domicilio polo actual, en escritura outorgada o 18 de setembro de 2007, ante o notario de Santiago Carlos da Torre Deza, número de protocolo 2.819, inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago o tomo 1.690, folio 64, folla SC-14.723. Atópase facultada para este acto en virtude do seu cargo de administradora única, para o cal foi nomeada en reunión de xunta xeral extraordinaria da sociedade do 23 de marzo de 2012, elevada a publico en escritura autorizada polo notario de Ames Manuel María Romeu Neira o 19 de abril de 2012 ao nº 352 de protocolo, inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago no tomo 101, folla SC-14.723, inscrición 58.

EXPOÑEN:

Primeiro. Que na sesión plenaria do 21 de xuño de 2017 (DOG do 11 de agosto) foi aprobada unha modificación puntual do Plan parcial do sector Monte Balado, que permite o transvasamento de edificabilidade entre as distintas parcelas da ordenanza B, definida no propio plan parcial.

Segundo. Que a entidade Mahia Inmobiliaria, S.L. é titular de locais no edificio denominado Centro Comercial, dentro do Plan parcial de Monte Balado, correspondente a espazos de equipamento de interese público e social, de titularidade privada.

Terceiro. Que aínda que a volumetría do Centro Comercial se axusta ás previsións que resultan da aplicación da ordenanza, na súa construción xeráronse espazos que non poden ser utilizados por excederse da edificabilidade máxima asignada á dita parcela no plan parcial, situación que se pode salvar mediante a reasignación da edificabilidade doutras parcelas cualificadas baixo a mesma ordenanza B, tal e como se prevé na modificación puntual do plan parcial.

Cuarto. Que os artigos 165 e ss da vixente Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 398 e ss do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, autorizan a celebración de convenios urbanísticos de xestión que, segundo o artigo 167 da mesma lei, son aqueles que non afectan a ordenación urbanística e que se limitan á determinación dos termos e condicións da xestión e á execución do planeamento.

Quinto. Que a entidade Mahia Inmobiliaria, S.L. ten interese en implantar unha residencia da terceira idade e un centro de día nos locais da parcela EQ Y S.

Sexto. Que o Concello de Brión está interesado en que dentro do termo municipal se implanten as ditas actividades, podendo dispoñer de prazas en condicións vantaxosas para as persoas maiores residentes no municipio, así como en dispor gratuitamente de locais para o desenvolvemento de actividades que redunden na busca de oportunidades económicas e de emprego para persoas mozas ou que están a iniciar ou reiniciar a súa vida laboral.

Por iso, de conformidade co previsto nos artigos 165 e ss da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 398 e ss do seu regulamento, ambas as dúas partes consenten en subscribir o presente Convenio Urbanístico de Execución do Planeamento, de acordo coas seguintes cláusulas:

Primeira. Natureza do convenio

O presente convenio ten a natureza xurídica de convenio urbanístico para a execución do planeamento, consonte o previsto no artigo 167 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 400.1 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o seu regulamento.

Segunda. Obxecto do convenio

O presente convenio ten por obxecto o establecemento das condicións nas cales se vai levar a cabo o transvasamento de edificabilidade desde a parcela EQ SC-1 á parcela EQ Y S, e as contraprestacións que o Concello recibirá a cambio.

Terceira. Obrigas do Concello

O Concello de Brión comprométese a:

i. O Concello de Brión permitirá o transvasamento de edificabilidade de 1.300 m2, da parcela EQ SC-1 á parcela EQ Y S do Plan parcial de Monte Balado, que se utilizará por parte da entidade Mahia Inmobiliaria, S.L. para a implantación dunha residencia de persoas maiores e un centro de día durante un prazo de cincuenta anos.

ii. O Concello de Brión comprométese a tramitar os correspondentes títulos habilitantes (a correspondente licenza de obras e a comunicación previa da actividade) que permitan a implantación dos ditos usos, no prazo máis breve posible, unha vez a entidade mercantil comparecente formule a correspondente solicitude acompañada do proxecto técnico e demais documentación interesada.

iii. Colaborar na localización e formación do persoal residente no termo municipal de Brión que a empresa contrate para prestar os seus servizos no centro de día e residencia de persoas maiores.

iv. Permitir a participación das persoas maiores usuarias da residencia e o centro de día nos programas de actividades de lecer, culturais e deportivas deseñadas polos servizos sociais do Concello para as persoas maiores do municipio.

Cuarta. Obrigas correspondentes a Mahia Inmobiliaria, S.L.

A entidade Mahia Inmobiliaria, S.L. obrígase a:

i. Poñer ao dispor do Concello un mínimo de dúas prazas na residencia e cinco no centro de día, destinado a persoas maiores do municipio, que sinalarán polos servizos sociais do Concello, cun 30 % de desconto sobre o prezo establecido con carácter xeral.

ii. Aplicar un 15 % de desconto sobre o prezo xeral aos veciños do Concello de Brión nos servizos que prestará o centro de día.

iii. Contratar polo menos o 50 % dos traballadores e traballadoras da residencia e centro de día entre persoas residentes no termo municipal de Brión.

iiii. Ceder gratuitamente ao Concello durante un prazo de cincuenta anos o uso dun local de 200 m2 dentro do edificio do Centro Comercial, para ser destinado a actividades de interese público e social promovidas polo Concello. Os gastos correspondentes a este local polos conceptos de comunidade, IBI e demais asimilables á súa explotación serán asumidas polo Concello de Brión durante o prazo de cesión.

Quinta. Tramitación e sinatura do convenio

Unha vez negociado e subscrito, o presente convenio débese someter ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, por un período mínimo dun mes, e unha vez rematada esta, o Concello elaborará, á vista das alegacións, unha proposta de texto definitivo do convenio, do cal se dará vista ás entidades comparecentes, para a súa aceptación, reparo ou, se é o caso, renuncia. O texto definitivo do convenio deberá ser ratificado polo órgano competente e deberá ser asinado dentro dos quince días seguintes ao da notificación da aprobación do texto definitivo polas entidades interesadas; quedará sen efecto en caso de que transcorra o dito prazo sen que o convenio fose asinado.

Sexta. Interpretación e execución do convenio

Correspóndenlle en exclusiva ao Concello de Brión as facultades de interpretación do convenio, de resolución das dúbidas que poidan derivar dos seus termos, e de ordenar as actuacións que sexan precisas para o seu cumprimento; contra os seus actos caberán os correspondentes recursos en vía administrativa e contencioso-administrativa.

Sétima. Condicionamentos do convenio

O cumprimento das cláusulas establecidas no presente convenio quedan condicionadas á achega de informe positivo dos correspondentes servizos técnicos da Xunta de Galicia á implantación da residencia da terceira idade e centro de día nos locais da parcela EQ Y S.

Así mesmo, para a vixencia das cláusulas do presente convenio deberá Mahia Inmobiliaria, S.L. achegar a documentación gráfica tanto do local que cederá esta empresa ao Concello de Brión, como dos locais que se destinarán a residencia da terceira idade e centro de día, así como da proposta de configuración destes equipamentos.

En proba de conformidade asinan os comparecentes o presente convenio no lugar e na data expresados no encabezamento.

2º. Notificar este acordo a Mahia Inmobiliaria, S.L. para a sinatura do convenio dentro dos quince días seguintes ao da notificación da aprobación do texto definitivo; transcorrido este prazo sen que o convenio sexa asinado, quedará sen efecto. A formalización deberá realizarse en documento administrativo, sen prexuízo do dereito de calquera das partes a solicitar a súa elevación a escritura pública. O convenio urbanístico perfeccionarase desde a súa sinatura.

3º. Publicar o texto íntegro do convenio, xunto co seu acordo de aprobación, no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 403 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro que consideren pertinente.

Brión, 1 de xuño de 2018

José Luis García García
Alcalde